SOS VACALOURA

Último impulso para unir á familia

Vacaloura alberga a casi 250 animais de múltiples especies, rescatados de situacións de maltrato, abandono e explotación.
Conseguimos mercar un terreo no ano 2020 para asegurarnos que os animais estarían seguros ata o final dos seus días.
Puidemos construír parte das instalacións pequenas e traer a moitos dos habitantes ao #ParaísoVacaloura.
Pero os animais máis grandes necesitan unha nave cuns custos de construción moi elevados aos que non podemos facer fronte. Mentres, estes animais están a vivir nunhas condicións lamentables no terreo antigo (que é de alugueiro).

Axúdanos a unir á familia vacaloura.

FASES DA CONSTRUCIÓN

Dividimos a obra en partes para ir alcanzando obxectivos máis realistas

FASE 1

Replanteo, excavación, encofrado, hormigonado de zapatas da nave e soleira de formigón 12x25 con mallazo de ferro.

CUSTO: 34.826€

FASE 2

Montaxe da estrutura metálica da nave 12x25 e 3,5m de altura lateral con tratamento anticorrosivo e pintado.

CUSTO: 30.153€

FASE 3

Tellado con panel sándwich e colocación. Estercoleiro para que Gandeiría nos dea os permisos.

CUSTO: 32.000€

FASE 4

Paredes da nave con bloques de formigón para separar aos touros e vaca das ovellas. Tamén para facer un almacén.

CUSTO: 20.000€

FASE 5

Materiais de electricidade e fontanería para levar auga e luz ata a nave. Portais. Traslado dos animais.

CUSTO: 28.000€

O QUE XA LEVAMOS RECADADO

Nas barras inferiores podedes ver o que nos falta para alcanzar o obxectivo e que xa levamos recadado

FASE 1

34.800 € conseguidos de 34.800 €

FASE 2

7.507 € conseguidos de 30.153 €

TOTAL

42.307 € conseguidos de 145.000 €

AXÚDANOS A CONSEGUILO

Agora somos fundación polo que a túa aportación terá importantes deducións fiscais

Calculadora de Desgravación Fiscal para Doazóns en España

Introduce a cantidade que desexas doar para calcular o beneficio fiscal:

Nota: Esta calculadora proporciona unha simulación baseada nas normas fiscais xenerais en España. A túa situación persoal pode variar, polo que che recomendamos consultar cun asesor fiscal para obter un cálculo preciso.

RECOMPENSAS

Queremos agradecervos a vosa colaboración

Desde 1€

A partir do primeiro euro doado xa terás recompensa! Porque cada euro que dones convertirémolo nunha papeleta para entrar nun sorteo semanal de diferentes produtos doados por empresas de gran corazón. Ademais os sorteos son acumulativos, as persoas que doedes na primeira semana entraredes en tódolos sorteos posteriores que se celebrarán cada mércores. As que doedes na segunda, en tódolos sorteos a partir do segundo e así sucesivamente. Se facedes unha segunda doazón as papeletas da segunda sumaranse ás da primeira nos seguintes sorteos. Axudar aos animais de Vacaloura son todo vantaxes!

20€
Se doas 20€ (Facenda devolverache 16€), o teu nome aparecerá na sección “Creando Vacaloura”. Un agradecemento especial que publicaremos na nosa web santuariovacaloura.org

50€
Se doas 50€ (Facenda devolverache 40€), o teu nome aparecerá na parte superior da sección “Creando Vacaloura” en tamaño de letra maior. Un agradecemento especial que publicaremos na nosa web santuariovacaloura.org

100€
Se doas 100€ (Facenda devolverache 80€), poñeremos o teu nome nunha das paredes da nave dos animais grandes (a que falta por construír)

500€
Se doas 500€ (Facenda devolverache 300€), poderás asistir xunto a outra persoa (a que ti elixas) á única Xornada de portas abertas que haberá no santuario durante o ano 2024. Tamén prepararemos un pack de merchan sorpresa e exclusivo para ti para que nunca esquezas ese día ♥

1000€
Se doas 1000€ (Facenda devolverache 500€), poderás pasar unha xornada completa no santuario xunto á túa familia ou amigues (máximo 5 persoas), coñecendo aos visitantes e as nosas instalacións, as historias dos animais e probando delicias veganas que cociñaremos para ti 🙂  Levarás para casa o suadoiro e o gorro especial da campaña

PRODUTOS ESPECIAIS DA CAMPAÑA

Merca ético e solidario e axúdanos a xuntar á familia