SOS Vacaloura

SOS VACALOURA

Último impulso para unir á familia

Vacaloura alberga a casi 250 animais de múltiples especies, rescatados de situacións de maltrato, abandono e explotación.
Conseguimos mercar un terreo no ano 2020 para asegurarnos que os animais estarían seguros ata o final dos seus días.
Puidemos construír parte das instalacións pequenas e traer a moitos dos habitantes ao #ParaísoVacaloura.
Pero os animais máis grandes necesitan unha nave cuns custos de construción moi elevados aos que non podemos facer fronte. Mentres, estes animais están a vivir nunhas condicións lamentables no terreo antigo (que é de alugueiro).

Axúdanos a unir á familia vacaloura.

FASES DA CONSTRUCIÓN

Dividimos a obra en partes para ir alcanzando obxectivos máis realistas

FASE 1

Replanteo, excavación, encofrado, hormigonado de zapatas da nave e soleira de formigón 12x25 con mallazo de ferro.

CUSTO: 34.826€

FASE 2

Montaxe da estructura metálica da nave 12x25 e 3,5m de altura lateral con tratamento anticorrosivo e pintado.

CUSTO: 30.153€

FASE 3

Tellado con panel sándwich e colocación. Estercoleiro para que Gandeiría nos dea os permisos.

CUSTO: 32.000€

FASE 4

Paredes da nave con bloques de formigón para separar aos touros e vaca das ovellas. Tamén para facer un almacén.

CUSTO: 20.000€

FASE 5

Materiais de electricidade e fontanería para levar auga e luz ata a nave. Portais. Traslado dos animais.

CUSTO: 28.000€

O QUE XA LEVAMOS RECADADO

Nas barras inferiores podedes ver o que nos falta para alcanzar o obxectivo e que xa levamos recadado

FASE 1

34.800 € conseguidos de 34.800 €

FASE 2

50 € conseguidos de 30.153 €

TOTAL

34.850 € conseguidos de 145.000 €

AXÚDANOS A CONSEGUILO

Agora somos fundación polo que a túa aportación terá importantes deducións fiscais

Calculadora de Desgravación Fiscal para Doazóns en España

Introduce a cantidade que desexas doar para calcular o beneficio fiscal:

Nota: Esta calculadora proporciona unha simulación baseada nas normas fiscais xenerais en España. A túa situación persoal pode variar, polo que che recomendamos consultar cun asesor fiscal para obter un cálculo preciso.

RECOMPENSAS

Queremos agradecervos a vosa colaboración

20€
Se doas 20€ (Facenda devolverache 16€), o teu nome aparecerá na sección “Creando Vacaloura”. Un agradecemento especial que publicaremos na nosa web santuariovacaloura.org

50€
Se doas 50€ (Facenda devolverache 40€), o teu nome aparecerá na parte superior da sección “Creando Vacaloura” en tamaño de letra maior. Un agradecemento especial que publicaremos na nosa web santuariovacaloura.org

100€
Se doas 100€ (Facenda devolverache 80€), poñeremos o teu nome nunha das paredes da nave dos animais grandes (a que falta por construír)

500€
Se doas 500€ (Facenda devolverache 300€), poderás asistir xunto a outra persoa (a que ti elixas) á única Xornada de portas abertas que haberá no santuario durante o ano 2024.

1000€
Se doas 1000€ (Facenda devolverache 500€), poderás pasar unha xornada completa no santuario xunto á túa familia ou amigues (máximo 5 persoas), coñecendo aos visitantes e as nosas instalacións, as historias dos animais e probando delicias veganas que cociñaremos para ti 🙂

PRODUTOS ESPECIAIS DA CAMPAÑA

Merca ético e solidario e axúdanos a xuntar á familia