VEGANISMO
O veganismo é unha filosofía de vida que exclúe todas as formas de explotación e crueldade cara ao reino animal e inclúe unha reverencia á vida. Na práctica aplícase seguindo unha dieta vexetariana pura e anima ao uso de alternativas para todas as materias derivadas parcial ou totalmente de animais.
Alimentación
A alimentación vegana é a solución para terminar coas mortes dos animais destinados á industria da alimentación. É completa nutricionalmente e deliciosa, co valor engadido de evitar a morte e o sufrimento de miles de individuos.Vestimenta
Hoxe en día é fácil atopar pezas de vestir que se fan sen produtos animais (pel, la, seda, plumas...). É fácil comprar multitude de produtos feitos de materiais sintéticos como o acrílico, a poliamida, ou a base de materias primas vexetais como o algodón, o liño, o cáñamo, etc.Entretemento
Hai multitude de formas de entreternos sen causar dano a outros. Circos, zoos, acuarios, tauromaquia, caza e pesca, etc, son prácticas que utilizan aos animais en contra da súa vontade acabando coa súa liberdade ou a súa vida.Experimentación
Millóns de animais son utilizados en laboratorios de todo o mundo con fins de investigación científica, militar, médica, cosmética ou no campo da docencia. A actividade científica debe de estar regulada pola ética. Existen alternativas xustas á experimentación animal.VIVE & DEIXA VIVIR
Ser vegane non equivale a amar aos animais, senón a respectalos, así como a recoñecer que teñen unha serie de dereitos básicos e, de maneira ideal, a aplicar o principio ético de igualdade.
EN ESPAÑA MORRE CADA ANO
550
millóns de polos
51
millóns de galiñas
37,5
millóns de porques
19,3
millóns de cordeires
2,7
millóns de vacas, touros, ovelles ou cabres