A caseta des pates, gaivotas, ocas e galos é de segunda man, cando nola doaron sufriu moito ao desmontala e volver a montala. Nos invernos anteriores xa lle voou o tellado en dúas ocasións tendo que volver a reconstruílo, pero agora é a estrutura ao completo a que ameaza con derrubarse e temos medo de que poida acabar provocando un accidente, ademais de que as aves se queden sen fogar onde refuxiarse.
ACTUALIZACIÓN:
Finalmente o tellado da caseta des pates saíu voando enteiro un día de temporal.
Afortunadamente ninguén saíu ferido pero mentres non conseguimos a forma de arranxala terán que vivir nunha cuadra que habilitamos para eles.