Zeltia

vacas
Viviu moitos anos de explotación
Abandonárona no campo para que morrera
Rescatouna Proxecto Gato
Migueliño é o seu mellor amigo

A HISTORIA DE ZELTIA

Zeltia é unha vaca moi maior. Leva na súa pel gravada a lume a explotación: o número 57 que a identificaba como propiedade dalguén.

Un alguén que cando viu que Zeltia se facía maior, enfermaba e necesitaba axuda, a deixou a morrer nun campo á vista de todo o mundo que por alí pasaba.

E todo un pobo se compadeceu do seu estado. Ai, ogallá os matadoiros tiveran paredes de cristal e se atoparan en lugares céntricos. Asegurámosvos que moita máis xente se negaría a comer o corpo morto doutro animal.

Grazas á implicación da cidadanía e da protectora Proxecto Gato púidose rescatar a Zeltia que, en canto se sostivo en pé cun pouco de comida e coidados, veu vivir a súa xubilación a Vacaloura.

E aquí recibe o trato coidadoso e respectuoso que sempre tivo que ter recibido. Gústalle moito a comida e, a pesar de que come e come todo o día, non gaña nin un gramo de peso. A pobre sofre moitas diarreas e o seu corpo xa non asimila ben os nutrintes.

Aínda así é feliz e disfruta os mimos só cando lle dá a gana. Cando non os quere ofrece pequenas cornadas para comunicalo.

O seu mellor amigo é o poni Migueliño, gústalle durmir ao seu carón e lamelo todo de arriba abaixo. Qué fermoso na última etapa da vida atopar unha amizade así!!