

Treboada
Treboada ♡
Coella
Provén da macrogranxa
Tuvo unha cría na casa de acollida pero morreu 🙁
Na esterilización descubrimos que tiña crías momificadas
É tímida pero vese a gusto en Vacaloura
A HISTORIA DE TREBOADA
Provén de #Xaraleira a granxa dos horrores da que, coa axuda de moitas asociacións de todo o estado, logramos rescatar a uns 1500 animais.
Tivo unha cría na súa casa de acollida que, por desgraza, morreu aos poucos días de nacer. Cando fomos a esterilizala decatámonos de que tiña máis crías momificadas no seu interior, como xa lle ocorrera a outras coellas deste rescate.
Recuperouse moi ben da operación e máis rápido do que imaxinábamos. Con mimos, amor, alimento de calidade, cama limpa e seca e un prado para saír a correr, vive máis feliz do que nunca imaxinou.
É unha coella un pouco tímida, aínda que ao mesmo tempo se ve que está agradecida polo enorme cambio de vida que levou. Danos pena que non puidera sacar adiante ás súas crías agora que podía telas en liberdade, pero a ratos fai de tía de Noite e de Día, sacándolle un pouco de traballo ás súas nais.
É unha coella belier gris cinza adorable que esperamos que teña moitos anos de vida marabillosa por diante que lle fagan lembrar o que viviu antes de Vacaloura como un lonxano pesadelo.