

Serxo
Serxo ♡
Poliño
Utilizado para un experimento biolóxico
Foi o único que naceu
Vivía nunha caixa
Encántalle investigar
A HISTORIA DE SERXO
Serxo é produto dun experimento no centro de investigación biolóxica da USC.
Neste centro, es invertigadores colleron varios ovos fecundados e inxectáronlles distintas substancias para facer un experimento que, de entrada, sabían que non aportaría nada.
A Serxo inxectáronlle DMSO, unha substancia inocua. Foi o único poliño que naceu.
Es investigadores alimentárono e mantivérono nesta caixa, da que ás veces o sacaban para interaccionar con el, ata que cando tivo 3 semanas, es xefes do departamentos lles dixeron que non podía seguir alí e que había que sacrificalo, como o resto de animais de investigación, unha vez rematada a mesma.
E ese ía ser o seu fin, ata que unha persoa doutro departamento pasou por alí, coñeceu a Serxo e cal ía ser o seu fin e se puxo en contacto connosco para salvalo.
Normalmente é moi difícil rescatar a animais provintes da experimentación porque adoitan empregar a súa necropsia para completar a mesma, polo que incluso os que son empregados como animais de control e aos que só se lles inxecta substancias inocuas, tamén son sacrificados e levan un riguroso control de rexistros de entrada e saída.
O experimento feito sobre Serxo era tan absurdo que nin sequera chegaron a concluílo de xeito ordinario e simplemente ía ser sacrificado para sacarse de enriba un problema.
Agora ese problema é unhe des refuxiades de Vacaloura e non poderíamos querelo máis.