

Platero
Apareceu abandonado
Non lle gustan es humanes
Ás veces déixase dar mimos
É o amigo inseparable de Alma
A HISTORIA DE PLATERO
Platero apareceu abandonado. A súa historia é a de tantos outros burros que cando xa non serven son deixados sen máis para que morran nas rúas ou nos montes.
El apareceu en Verín e non o abandonaron por vello ou por enfermo, senón probablemente polo seu carácter que se negou a doblegarse aos desexos e imposicións humanas. Non lle gustan es humanes e nós non temos nada que reprocharlle por este feito, como especie temos moitos motivos para agachar a cabeza.
Cando lle damos mimos a Alma mantense a unha distancia prudencial para non separarse dela pero deixarnos claro que non quere nada de nós. Só en contadas ocasións nos permite tocalo por desexo propio. Odia ó seu ferrador, as desparasitacións e as visitas do dentista. En definitiva, todo contacto obrigado con humanes. Querémolo tal e como é, non nos debe o seu cariño, somos nós quen llo debemos todo.