

Nomi
Nomi ♡
Ovella
Tiña sarna e pedero
Foi abandonada poles súes explotadores
Non podía camiñar
Encántalle a alfalfa, as froitas e as verduras
A HISTORIA DE NOMI
Nomi pastaba nas inmediacións da Base Militar de Pontevedra cun rabaño de cabras e unha campá colgada ao seu pescozo.
Tiña sarna e pedero (unha infección dos pezuños) e foi atopándose cada vez peor, doíanlle tanto os pés que deixou de camiñar e se quedou deitada no monte.
Cando foron recoller ao rabaño viron que Nomi non podía erguerse, golpeárona na espalda para que se levantara pero non era capaz, os seus pés ensangrentados doíanlle tanto que prefería os paos a seguir intentando pousalos no chan.
Entón retiráronlle a campá, a súa única identificación e o único que es súes explotadores pensaban que lle quedaba de valor, e deixárona atrás. Para que morrera soa de fame e de sede, sen poder erguerse, baixo o sol do verán.
Coas moscas depositando larvas nas feridas dos seus pés, que se alimentaban do seu sangue e da súa carne.
Nomi esperaba unha agonía lenta, insufrible, que tardaría días en levarse o último dos seus alentos.
Pero dende a base repararon no seu sufrimento e unha chamada cambiou a súa vida. Saímos a rescatala e trouxémola ao santuario onde a medicamos e curamos, a alimentamos e lle demos litros de auga nada máis chegar que paliaron a súa deshidratación e que bebeu con especial gusto.
Aquí coñeceu a alfalfa, as froitas e verduras, as ensaladas variadas, as caricias desinteresadas, o amor incondicional e os recipientes de auga que nunca se acaban.
Aínda lle falta tempo e paciencia para acabar de recuperarse e poder camiñar con normalidade, pero seguiremos ao seu lado ata logralo.