Noite

coellos
A súa nai proviña da macrogranxa
Ela naceu na clínica veterinaria
É moi curiosa e sociable
Está sempre coa súa prima Día

A HISTORIA DE NOITE

É unha coelliña adorable, escura coma a noite e suave coma o algodón.

Provén de #Xaraleira, unha macrogranxa dos horrores onde morreron miles de animais antes de que soubéramos do seu caso e puidéramos comezar a rescatalos.

Bueno, en realidade ela nunca chegou a estar alí, librouse por pouco. Súa nai é a que provén de alí. Ela tivo a sorte de nacer en @Gecko Clínica Veterinaria mentras tiñamos á súa nai alí ingresada e ao día seguinte xa se veu a vivir ao santuario.

É unha coella moi curiosa e sociable, ao contrario que a súa curmá e amiga Día, ao lado da cal está medrando.

Xusto estes días estamos valando o terreo das coellas e esperamos poder comezar pronto coa construción da súa casa. Qué ledicia será velas correr e brincar por alí 🥺