Montgó

porcos

 

Montgó 

Porco vietnamita

Vivía nunha colonia salvaxe
Disparáronlle e tiña 2 perdigóns
Perdeu a movilidade
Recén operada

A HISTORIA DE MONTGÓ

Montgó vivía en Valencia, nunha colonia de aproximadamente 100 porques vietnamitas que se reproduce sen control nun descampado.

Unhas persoas déronse conta de que Montgó o tiña máis difícil que es demais pola lesión que tiña na columna, que lle tiña paralizadas as patas e buscaron unha solución para que se salvara, pois a asociación que se estaba facendo cargo de rescatar a esta colonia tiña pensado sacrificar a Montgó.

O motivo da parálise era un perdigón que tiña aloxado na columna, por culpa dun cruel disparo, e que puidemos ver nas radiografías. Tiña tamén outro na papada, que lle provocaba un abceso e feridas nas pernas, debido a desprazarse arrastrándose por culpa da falta de mobilidade.

En canto chegou ao santuario, con tan só 3 ou 4 meses de vida e moita dor ás súas costas, experimentou unha mellora brutal nas súas feridas.

Operámola para retirar o perdigón e intentar que recuperara a mobilidade pero a pesar da rehabilitación durante meses non conseguimos que volvera camiñar.

Tamén probamos 2 cadeiras de rodas, segundo foi medrando, con 2 deseños diferentes e non chegou a adaptarse a ningunha e preferiu seguir desprazándose arrastrándose polo que temos que coidar os lugares por onde o fai para que a súa pel non se lesione de novo.

Chegou sendo unha porquiña salvaxe (ten cruce con xabarín) que berraba cada vez que a tocábamos, pero co tempo fíxose garimosa e confiada, sabe que no santuario nunca lle pasará nada malo e que estamos aquí para protexela.