

Luther
Luther ♡
kiko
Cedido xunto a súa familia
Guapo e fanfarrón
O avisador
É o líder dos kikos
A HISTORIA DE LUTHER
Luther é un kiko que rescatamos no verán do 2020 xunto á súa gran familia de kikos e kikas e a dúas ocas, dous periquitos e dous gatos.
Déronnos aviso do seu caso dende os servizos sociais. As persoas que os tiñan no seu poder estaban unha en prisión e a outra na UCI por unha agresión da primeira. E eles quedaron pechades nunha casa e nun cortello nas peores condicións. O mellor que podía pasarlles era que algún veciño se fixera cargo e os usara para a cría e como alimento.
Pero dende a prisión conseguiron a cesión dos animais ao santuario e dende entón viven connosco.
Luther é un kiko moi guapo e fanfarrón. Ami, unha das nosas voluntarias residentes reincidentes chámalle "o avisador" porque cando chega a noite e imos pecharlles el cacarexa rapidamente para avisar aes demais de que imos.
É todo un líder dentro do seu clan.