

Giuseppe
Naceu no 2008
Explotado como semental durante 6 anos
Primero ovino rescatado no Santuario
Patriarca rabaño
A HISTORIA DE SEPPE
Giuseppe é un carneiro que foi empregado como semental nunha explotación do norte da provincia de A Coruña. Ós 6 anos estes animais son enviados ó matadoiro e substituídos por outro individuo máis novo para garantir a súa alta fertilidade a pesar de que teñen unha esperanza de vida de 15 anos, puidendo chegar ata os 20 nalgúns casos.
O seu explotador quixo buscarlle outro futuro a Seppe xa que despois de convivir durante 6 anos con el non quería envialo ó matadoiro. Non lle ocorría o mesmo coes súes filles que eran sacrificades sistematicamente e convertides en carne.
A excepción dun deles, Platón, que foi rexeitado pola súa nai e tamén nos foi cedido pouco despois da chegada de Seppe ó santuario. O seu irmán mellizo quedou atrás continuando co seu terrible destino. Aínda que Platón enfermou repentinamente con 4 meses e tamén morreu viviu connosco unha vida especialmente feliz e plena ata entón.
Cando Seppe chegou estaba moi asustado e corría dun lado a outro, e tamén cara nós como se quixera embestirnos para intentar marcar o seu espazo xa que pensaba que lle íamos facer dano. Ós poucos días xa gozaba de que lle rascáramos as orellas e apoiaba a súa cabeza nas nosas mans en busca de cariño.
Seppe foi o primeiro ovino que rescatamos e rapidamente fixo migas con Ramón, un burro rescatado do olvido. Foi explotado durante toda a súa vida cargando peso no campo e cando a artrose e a terrible dor non lle permitiu traballar máis foi vendido como regalo de voda e malvivía abandoado nunha finca, sen refuxio, sombra nin coidados. Sempre de pé sen atreverse a deitarse sabendo que non sería capaz de erguerse só.
Viviron unha amizade incrible durante máis de 2 anos, sempre inseparables, apoiándose, defendéndose o un ó outro. Por desgraza Ramón deixounos moi pronto despois de sufrir un trombo e tras soportar unha dor constante dos seus ósos que estaban desfeitos por causa da explotación.
Seppe viviu uns días de duelo moi intensos nos que só quería cariño e se deitaba lonxe do pequeno rabaño que se fora formando en Vacaloura por aquel entón. Nunca voltou ter un amigo tan especial.
Sen embargo agora é un carneiro feliz, o patriarca dun gran rabaño que o respecta e que non para de medrar.