

Fuyu
Fuyu ♡
poni
Apareceu abandonado
Vivía nun carrusel de ponis
Ten problemas de articulacións
Es súes mellores amigues son Wendy e Miguel
A HISTORIA DE FUYU
O pequeno poni Fuyu, ou Fuyucornio como nos gusta chamalo ao equipo do santuario por ser o noso pequeno unicornio, veu dende Albacete con algo menos de 2 anos de vida. Alí apareceu abandonado despois de que un carrusel de ponis abandonara a cidade, polo que pensamos que foi un descarte deste cruel negocio. Iso encaixa cos seus problemas de articulacións que probablemente se deban a unha deficiente alimentación na primeira etapa da súa vida. É o amigo inseparable de Wendy, a nosa avoíña, e se por calquera motivo de forza maior temos que separales, ponse moi nervioso e chámanse mutuamente ata que volvemos a xuntales. Fan unha parella adorable.
Tamén lle gusta moito chinchar ao seu compañeiro Miguel que é moito máis xoven que Wendy e ao que ás veces arrastra aos seus xogos, correndo polo terreo ou mordéndolle a cabezada para chinchalo.