

Dalí
Dalí ♡
Porco vietnamita
Regalo de voda
Benita e Luísa son as súas mellores amigas
Vivía encerrado nun cortello
Encántalle as pozas
A HISTORIA DE DALÍ
Dalí foi mercado cando era un bebé para ser un regalo de voda. Non é algo pouco habitual regalar nunha voda un animal para que sexa unha atracción que entreteña aes invitades. No caso de bebés de porques vietnamitas, o seu pequeno tamaño e simpático camiñar soe resultarlle gracioso á xente que obvia o seu sufrimento cando recén separades da súa nai corretean desesperades e asustades entre unha multitude que ri e grita e diante das crianzas que corren sen control intentando atrapales.
E aínda así o peor chega despois. ¿Que facemos agora co animal?
Moites acaban abandoades ou reléganlles un espazo olvidado na finca onde sobreviven a duras penas soportando unha tristura e soidades que se fan interminables. Foi o caso de Dalí.
Soubemos que querían abandoalo cando acabábamos de comezar co santuario e non dubidamos de ir ó seu rescate. Xa pasara un ano dende a voda des súes propietaries e xa rematara a gracia que lles producía. Vivía só nun pequeno cortello do que non lle deixaban saír nunca a pesar de ter unha horta amplia. Dicíannos que o que máis lle divertía facer era cambiar a súa cama de palla dun lado do cortello ó outro, obviando que era o único que podía facer estando alí só e sen máis obxectos cos que interaccionar. Para ser o seu hobbie preferido, dende que está en Vacaloura non volveu facelo. Prefire bañarse nas pozas, rañarse contra as pedras ou rebozarse no chan nos días de sol e durmir ben apretadiño xunto a Benita e Luísa nos días de chuvia ou nublados.
Dalí é unha excepción, a maioría non corren tanta sorte.