

Cleopatra
aves
Cleopatra ♡
Pata tarro canelo
Tratada como obxecto decorativo
Mutilárona para que non poida voar
Botárona do seu territorio para vivir nunha gaiola
Xa volve ser feliz
A HISTORIA DE CLEO
Cleopatra é esta pata tan guapa da especie tarro canelo que chegou ao santuario no verán e que non vos puidemos presentar ata agora porque eramos incapaces de manter as formas para contarvos a súa historia.
Pero alá imos.
Hai anos chegou ao santuario Cuaqui, un pato desta mesma especie, que apareceu vagando pola estrada de madrugada por diante dun famoso pub compostelá. Recollémolo e démoslle unha nova vida no santuario. Meses despois e tras varias indagacións conseguimos descubrir que procedía da Alameda de Compostela. Roubárano de madrugada, levárono de festa e, cando se aburriron de humillalo, abandoárono á súa sorte. Na Alameda estaba tamén Cleopatra, a súa parella, que na súa ausencia se fixera inseparable dunhe cisne e acompañábae a todas partes. Ese cisne perdera á súa parella polo ataque dunhe cadele. Decidimos non separales.
Cal é a nosa sorpresa cando o mes pasado nos enteramos de que Cleopatra estaba no refuxio de Bando. O motivo? Introduciran máis cisnes no seu recinto e ela botábaos fóra do recinto, conducíndoos ata a estrada, co consecuente perigo.
Non sabemos se eses cisnes foron recolocades ou se simplemente foron introducidas máis aves no espacio público, cando o compromiso era ir retirando a estes animais do mesmo, debido ás carencias que viven e o perigo que corren aí.
O qué está claro é que ese era o espazo de Cleopatra e que relegala a vivir nunha gaiola na canceira para substituíla por cisnes non é unha medida animalista para este concello do cambio. É unha medida cruel.
Cleopatra estaba deprimida no refuxio e negábase a comer.
Na foto na que aparece coas ás abertas podedes ver como, para introducila nese recinto e que non escapara, lle amputaron a última falanxe da súa á (como se fora un dedo para nós), imposibilitando dese xeito o voo, para convertila nun obxecto decorativo da cidade, deixándoa mutilada de por vida. Aínda que non foi o goberno actual o que a introduciu si que eran es responsables de proporcionarlles o mellor futuro a Cleo, nada máis lonxe do que finalmente ocorreu.
E que é o peor de todo isto? Hai anos que conseguimos un fogar para tódalas aves introducidas na Alameda e no Campus de Compostela, en 4 santuarios animais, incluído o noso. Corríamos con tódolos gastos pois o concello aseguraba non ter presuposto para axudarnos. O plan veuse abaixo cando nos negaron a saída de tódalas aves e axuda para facer a captura dunha vez e que puideran viaxar xuntas. De súpeto, negábanse a retirar aes cisnes por medo a que a opinión pública se lles botara enriba. Puido máis o seu interese como obxecto decorativo que como seres sentintes. Por outro lado, sacar ás aves pouco a pouco, supoñía que tuvéramos que pagar varias viaxes a Madrid e Andalucía, onde se atopaban os seus destinos finais, cando nós, como refuxios autoxestionados, só nos podíamos permitir, con moito esforzo, unha viaxe a Andalucía que fixera parada en Madrid para reubicales a todes.
Por culpa desa confrontación de intereses rompeuse a comunicación coa Concelleira de Benestar Animal que non volveu contestar ás nosas peticións e que cada vez que un ave enferma, aparece ferida, ou lles molesta xa non nos avisan a nós senón que a remiten ao refuxio de Bando, onde a pesar de intentar facer o mellor posible, nin teñen veterinaries especialistas en animais exótiques, nin instalacións axeitadas para estes animais, condeándoos a unha vida en gaiolas rodeades de cans ladrando, co consecuente estrés.
No caso de Cleo, ese estrés unido a experiencia traumática de ser separada do seu entorno e da súa familia, provocou que se deprimira e que deixara de comer. Non foi ata abandoar a corentena en Vacaloura e reunirse co resto de pates que non volveu a recuperar a felicidade.
Dicían que era mala, que era agresiva, cando o único que fixo foi defender o seu territorio. En Vacaloura non tivo ningún conflito con ninguén.