Camille

porcos

Camille

Porca vietnamita

Viaxou dende Madrid
Chegou en pleno confinamento
Leva o nome de Veganraskal
É inseparable de Luísa

A HISTORIA DE CAMILLE

Camille é unha porca vietnamita, sí, tamén hai porcas vietnamitas brancas, con ou sen manchas negras.
Ven de Madrid, fixeron unha longa viaxe con ela en plena pandemia para traela ata o santuario. Unhas rapazas sacárana dun sitio no que vivía en malas condicións para dala en adopción, pero o fogar que a esperaba decidiu botarse atrás deixando a Camille sen esperanzas e tamén ás súas rescatistas, que non contemplaban volver a levala ao sitio de onde saíu.
Fixemos un grande esforzo e decidimos acollela no santuario porque o único sitio que se ofrecera a acollela era un refuxio no que os animais non son ben tratados. Si, por desgraza tamén existen esa clase de refuxios, que miran máis pola cantidade de animais que recollen que pola calidade dos coidados que ofrecen. Non queríamos que a pequena acabara alí así que nos fixemos cargo.
Chegou sendo unha pulguiña duns dous mesiños, recén destetada e agora é unha señora porca cun gran bandullo.
Ao vir sendo tan pequeniña primeiro viviu na casa des humanes e despois pasou ao patio des protexides, onde vive tamén outra vietnamita, Luisiña, que foi a primeira porca que rescatamos, antes incluso de comezar co santuario e que ten arredor de 16 anos. Ao principio levábanse mal, pois Luisiña non quería saber nada da pequena Camille, pero co tempo fixéronse inseparables e se non fan a "culleriña" son incapaces de conciliar o sono.
Camille é agarimosa, moi curiosa e un auténtico terremoto, á que lle gusta roubar macetas, cordas e ferramentas e diseminalas por toda a palleira. E, así e todo, querémola con loucura.
Debe o seu nome a @veganraskal de @raskaltiendavegana que nos sigue e nos apoia dende hai moito. E ten unha madriña, tamén moi "cocinitas", unha das rapazas de @alvegandoi e un padriño tamén moi guai, Rodrigo. Pero unha porca vietnamita precisa ata 5 madriñas para poder cubrir os seus gastos no santuario, así que se queres tamén podes amadriñala e axudarnos a facela feliz.