

Antonieta
Sufría infección bacteriana e fúnxica
Explotación familiar
Vivía nunha gaiola
Encántalle investigar
A HISTORIA DE ANTONIETA
Antonieta chegou dunha pequena explotación familiar onde idílicamente soemos pensar que os animáis viven vidas apacibles e felices, alo menos ata ser asasinados. Pero nada máis lonxe da realidade. Vivía enxaulada xunto a varias compañeiras, nun espazo moi reducido. A capa de excrementos que había baixo os seus pés era tan grosa que case non lle quedaba espazo para estar erguida dentro da gaiola e os seus pés enterrábanse naquela masa infecta.
Nunha situación así a saúde resíntese, os gases dos excrementos afectan ó aparato respiratorio e tanto Antonieta como as súas compañeiras sufrían infección bacterianas e fúnxicas.
Agora que vive en Vacaloura disfruta dos placeres que máis adoran as galiñas, escarbar e peteirar na terra e darse baños de area. Gústalle explorar e é unha das máis atrevidas que adoita saírse da súa zona para investigar novos terreos e peteirar todo o que atope ó seu paso.