Amaral

equinos
Foi rescatada na Rapa das Bestas
Querían deixala morrer soa
Agora vive feliz no Santuario
O grupo Amaral fíxose eco do seu rescate nas súas redes sociais

A HISTORIA DE AMARAL

Amaral foi rescatada na Rapa das Bestas do ano 2018. A súa nai morreu no parto e a ela íana deixar morrer tamén soa e sen alimento para non gastar nin tempo nin diñeiro en sacala adiante.
Chegou a nós aos poucos días de nacer e a desgraza de ter perdido á súa nai fíxoa sortear un destino que a levaría a parir cada ano no monte, a ver como os seus fillos machos eran levados ao matadoiro, a sufrir as estresantes festas da Rapa das Bestas ano tras ano, a pasar fame e sede cando o monte acotado no que viven non lle dese o alimento que necesitaba ou incluso a morrer queimada nos frecuentes incendios que asolan os montes galegos no verán.
O seu destino en Vacaloura será outro: vivir, vivir feliz e con todas as súas necesidades cubertas, vivir como tódolos cabalos queren e case ningún consigue, sen ser devorada, montada, explotada, enviada a matadoiro cando xa non é útil. Ten toda a vida por diante e esperamos facela moi feliz.
Amaral debe o seu nome ao grupo de pop rock español composto por Eva Amaral e Juan Aguirre que se fixeron eco do seu rescate na súas redes sociais ❤