

Alma
Foi rescatada por APADAN
Un día rompeu a cadeira
Precisa coidados especiais na súa pata deformada
É a amiga inseparable de Platero
A HISTORIA DE ALMA
Alma era explotada traballando no campo. Un día a súa cadeira rompeuse e lonxe de recibir os coidados que necesitaba, simplemente a deixaron deitada, esperando a que se lle pasara. Na maioría dos casos cando un equine rompe a cadeira ou unha perna remata sendo sacrificado porque operalo supón un gasto moi alto e adoitan preferir mercar outre. Alma tivo a sorte de que a súa cadeira se soldara soa e de non ter ningunha complicación mentres ese proceso se levaba a cabo (infeccións, cólicos ou paradas gástricas,...). Sen embargo unha das súas pernas quedou deformada para sempre e iso provocoulle dor crónica e a necesidade dun coidado especial no seu casco, xa que ao apoiar mal ese pé o casco medra de forma irregular aumentando a súa dor e manténdoa postrada se non se lle coida axeitadamente. Por este motivo e porque as persoas que a explotaban xa eran maiores decidiron cedela ao santuario por medio da intervención da protectora APADAN.
Alma é unha burra moi pequeniña, que ven de traballar toda a vida, sen embargo conserva un carácter afable e garimoso. Gústalle a xente e as caricias, as comidas ricas como a froita dos almorzos ou as leitugas recén collidas da leira do santuario. É a amiga inseparable do noso cascarrabias Platero e onde ela vaia, el vai detrás. Forman unha parella adorable.