Santuario Vacaloura

Alice

coellos
Apareceu con poucos días de vida
Costou moito sacala á diante
Vive na casa
É amiga de todes

A HISTORIA DE ALICE

Alice é unha coelliña de monte que apareceu soíña e indefensa nun campo, sen a súa mamá preto, cando só tiña unha semana de vida e os ollos aínda pechados.

Sacala adiante foi todo un reto pois só un 10% dos coelliños bebé criados por humanes sobrevive. Cada día ao seu lado, mentras medraba, foi unha alegría e un agasallo. E segue séndoo.

Vive na casa e, por decisión propia, caga e mexa no areeiro dos gatos. Ademais, tenlles o rascador colonizado, encántalle saltar por el e agocharse nas súas covas e chegar a sitios que de outra maneira non chegaría, como ás luces de Nadal, para boicotealas.

Alice leva connosco dende febreiro de 2019 e esperemos que por moitos anos máis. É unha coella moi especial que acolle moi ben aos bebés que van chegando á casa, como a Lola, a cabra, ou a Reich, a ovella, á que ensinou a comer feo en vez de pelo de mamá.