LOLA

cabras
Su madre y hermano murieron
Fue criada a bibierón
Le costó mucho adaptarse al resto de animales
Ahora vive muy feliz en el santuario

A HISTORIA DE LOLA

Lola é unha cabra moi sociable que chegou a Vacaloura sendo un bebé.

Naceu nun patio dunha casa particular. A súa nai fora explotada e agora vivía completamente desatendida alí. Unha veciña vía á nai de Lola sufrir moito, cun gran embarazo e unha ubre que lle chegaba ao chan, debido a unha terrible mastite.

O día do parto chegou, e naceu Lola e un irmán. A mamá non podía erguerse, as autoridades non actuaban e Lola e o seu irmán intentaban mamar da ubre enferma da súa nai, pero o pus a penas deixaba saír leite.

O irmán de Lola non o resistiu máis e faleceu. Non podíamos nin nós nin a veciña que o observaba todo permitir que pasara o mesmo con Lola.

A súa mamá estaba agonizando e Lola non entendía por qué se estaba quedando soa e por qué tiña tanta fame. Non chegamos a tempo para salvar á súa nai, pero non íamos permitir que a súa pequena morrera de frío e fame.

Así que esta veciña a rescatou e a trouxo de madrugada a Vacaloura, chea de pulgas e de medos.

Criámola a biberón e viviu con nós na habitación celándose do ordenador ao que se subía directamente cada vez que nos vía traballar, facendo parkour polas paredes e pises enriba de calquera superficie brandiña (cama, roupa,... 🤦🏻‍♀️).

Mario e máis eu criámola coma unha filla e custounos moito que se afixera a vivir feliz co resto de cabras, aínda que agora está encantada.

Gústalle seguir á xente cando veñen de visita e escoitar moi atenta as historias de tódolos habitantes do santuario, incluída a súa.

Así lembra a sorte que tivo de vir parar a Vacaloura.