SALVEMOS O SANTUARIO
O Santuario Vacaloura cumpliría o ano que vén 10 anos de traballo incansable, con case 4000 animais rescatados ás súas costas. Pero despois de máis de dous anos loitando por construír unhas novas instalacións onde establecer o refuxio definitivo, todo isto poder chegar ao seu fin.
Medioambiente faranos inspección en 6 meses
Dende Medioambiente dannos un prazo de 6 meses para ter listas as obras e poder concedernos o núcleo zoolóxico.
As instalacións actuais derrúbanse
É necesario trasladar aos animais que o están pasando mal agora mesmo polo estado lamentable das instalacións actuais.
Os animais sofren as consecuencias
No inverno, sobretodo, os animais non viven nas condicións que merecen e nos gustaría
Imposible para o voluntariado traballar nestas condicións
As condicións do santuario actual son tan precarias que dificultan moito o traballo ó voluntariado
Contigo pasamos de santuario a paraíso
Necesitamos 5000 teamers para poder continuar, sanear as contas e construír as instalacións necesarias. Únete, é só 1€ ao mes.
Sen ti, desparecemos
Os 250 animais que viven no santuario poderían perder o seu fogar.
Cada vez recibimos menos doazóns e continuar coa nosa labor se fai máis complicado.
FAITE EMBAIXALOURE
TI ES E NOSE MELLOR EMBAIXADORE

CREA RECADACIÓNS PARA O SANTUARIO NAS TÚAS REDES SOCIAIS
Así darás a coñecer o santuario a es túes amigues e familia, que poderán colaborar e axudarnos a sacar adiante o proxecto no que levamos traballando polos animais casi 10 anos.
CONSIGUE TEAMERS E AXÚDANOS A ALCANZAR O OBXECTIVO DE 5.000
Conta á túa xente a nosa labor para que se unan á nosa gran familia. Axúdalles a facerse teamers do noso grupo. Por só 1 euro ao mes moita xente seguro que está disposta a colaborar e salvarnos do peche.

COMPARTE HISTORIAS E PUBLICACIÓNS NAS REDES SOCIAIS
A única forma de non ser invisibles nas redes sociais é conseguir moitas interaccións nas nosas publicacións. Me gustea, comparte, comenta... para darnos máis visibilidade e que así poidamos chegar a máis xente.

SUBE PRODUTOS E PRATOS VEGANOS Á APP ABILLION E DOA A VACALOURA
A comunidade comparte produtos e pratos de restaurantes veganos e libres de crueldade á vez que doa os cartos que lle dan polas súas reseñas. Canto máis publiques, máis poderás axudarnos.