VACALOURA
Está situado en Santiago de Compostela, naceu no 2013 para acoller animais de todas as especies, sempre e cando se lles poida dar unha vida digna. Actualmente viven no Santuario máis de 100 animais de diferentes especies (coelles, porques, galiñas, galo, pates, equines, ovelles, etc...).
Moitos dos habitantes de Vacaloura deixan atrás historias de maltrato, de explotación e de abandono. En Vacaloura lóitase para que os animais recuperen a saúde, a tranquilidade e poidan vivir en paz.
O Santuario pretende dar a coñecer as historias dos seus habitantes, coas súas horas baixas e as súas alegrías, para que os animais non humanos poidan ser recoñecidos como os individuos únicos que son, cada un coas súas características propias, posuidores de diferentes emocións, con ganas de dar amor e de recibilo, pero, sobre todo, con necesidade de seren respectados. Cremos que difundir o que os animais realmente son axudará a que sexan recoñecidos como suxeitos e, daquela, a que non sexan contemplados como meros recursos.
O Santuario está situado nas aforas da cidade nun entorno rural, tranquilo, no que os habitantes do Santuario gozan dunha vida apacíbel.