Ungüento nº1

Posted on

19,95

Ungüento para o alivio de dores musculares, articulares, reumáticos e as molestias posteriores ó exercicio físico. Analxésico e antiinflamatorio. Efecto frío-calor calmante

1 in stock

Description

Ingredientes: Ingredientes: Butyrospermum Parkii Butter, Cocos Nucifera Oil, Helianthus Annuus Seed Oil, Candelilla Cera, DL-Camphor,Gaultheria Procumbens Leaf Oil, Asparagopsis Armata Extract, Arnica Montana Flower Extrack, Harpagophytum Procumbens Extract, Rosmarinus Officinalis Leaf Oil, MelaleucaAlternifolia Leaf Oil, Limonene,Tocopherol,Sodium Benzoate,Linalool,Benzyl Alcohol, Citral.

Manteiga de Karité, aceite de coco, aceite esencial de gaulteria, silicio orgánico, aceite esencial de romeu, aceite esencial de árbore do té, resina de alcanfor, harpagofito e árnica.
Tódolos ingredientes que compoñen os noso ungüentos están enfocados en mellorar e complementar as súas propiedades.
Neste caso estes son os beneficios que aporta cada un dos ingredientes ó UNGÜENTO N°1
A manteiga de karité é unha graxa obtida do froito da árbore africana de Karité. É rica en antioxidantes como vitamina A, E e catequistas.
Ademais posúe unha grande cantidade de esterois vexetais e ácidos graxos (ácido linoleico, palmítico, esteárico, oleico…). Os seus principios activos confírenlle multitude de propiedades e é, por iso, un dos nosos ingredientes preferidos e máis empregados. Algunhas desas propiedades son:
humectantes, antiinflamatorias, desxonxestionantes,… Neste caso actúa sobre a inflamación dos texidos, acompañada do resto de ingredientes que redondean as propiedades do ungüento, producindo un alivio notable da dor.
O aceite de coco posúe numerosas propiedades beneficiosas para a saúde, xa sexa consumido en forma de alimento, aplicado na pel ou o cabelo. Reforza as propiedades antiinflamatorias do ungüento e mellora a súa textura, facendo máis fácil a súa aplicación e absorción.
A gaulteria ou wintergreen é unha planta arbustiva, orixinaria de Norte América, onde se emprega tradicionalmente como alivio para dores reumáticos, óseos, musculares, articulares, dores de cabeza e contusións. O aceite esencial de gaulteria, con case un 99% de salicato de metilo é un dos aceites esenciais que posúe maior poder analxésico e antiinflamatorio.
O aceite esencial de romeu reforza as propiedades antiinflamatorias do ungüento, aliviando a dor, pero ademais mellora a circulación, facendo desaparecer as mazaduras rapidamente e previndo a formación de varices. É estimulante.
O aceite esencial de árbore do té extráese das follas da árbore australiana Melaleuca Alternifolia que foi empregada poles aboríxenes deste país durante centos de anos polas súas numerosas propiedades, entre as que se atopan, como non, o alivio da inflamación, pero tamén funxicidas, antibacterianas e antivíricas polo que actúa de conservante natural.
A resina de alcanfor obtense do alcanforeiro, emanando das incisións que se levan a cabo sobre a súa codia para extraelo. Desconxestiona, refresca e produce o efecto frío- calor tan agradable en casos de inflamación e/ou contusión.Efecto sedante.
A raíz de harpagofito usouse dende a Antigüidade poles habitantes do sudoeste africano. Tamén hoxe en día é moi coñecida polas súas propiedades analxésicos e antiinflamatorias e emprégase tanto por vía oral como tópica, aínda que os seus maiores beneficios se obteñen por vía tópica, xa que por vía oral os mollos gástricos mitigan a súa eficacia. Alivia a artrite, artrose, dores de espalda, xeonllos, cadeira,…
A árnica montana emprégase dende a Idade Media para a curación de mazaduras, escordaduras, inflamacións e outros problemas relacionados cos ósos, tendóns e músculos, como a artrite reumatoide, e a dor que desencadean. Ten un efecto analxésico e antiinflamatorio, estimula a circulación dos vasos sanguíneos da zona onde é aplicada.

Additional information

Weight 0,18 kg