Montgó ♡
Porco vietnamita
Vivía nunha colonia salvaxe
Disparáronlle e tiña 2 perdigóns
Perdeu a movilidade
Recén operada
A HISTORIA DE MONTGÓ
Esta pequena vivía en Valencia, nunha colonia de aproximadamente 100 porques vietnamitas que se reproduce sen control nun descampado.
Unhas persoas déronse conta de que Montgó o tiña máis difícil que es demais pola lesión que tiña na columna, que lle tiña paralizadas as patas. O motivo da paralise era un perdigón que tiña aloxado na columna. Tiña tamén unha ferida na perna, debido a desprazarse arrastrándose por culpa da falta de mobilidade, pero experimentou unha mellora brutal cando chegou ao santuario.
Na intervención, extraéronselle 2 perdigóns. O que provocou a lesión principal estaba aloxado dentro dunha vértebra. Polo que o disparo provocou que o óso rompera e que o perdigón se aloxase xunto á médula, e o óso intentando repararse deixou ao perdigón aloxado no interior da vértebra. Por sorte a médula parecía non resultar moi danada e iso danos esperanzas de que Montgó poida voltar recuperar a mobilidade. O segundo perdigón estaba aloxado na papada e agochaba un absceso detrás. Montgó está en período de recuperación, esperamos que todo evolucione favorablemente e poder contar pronto boas novas.