ABRE OS OLLOS

TODES SOMOS IGUAIS

TODES SOMOS ANIMAIS

ABRE OS OLLOS

 

VEGANISMO

 

Alimentación
A alimentación vegana é a solución para terminar coas mortes dos animais destinados á industria da alimentación. É completa nutricionalmente e é deliciosa, co valor engadido de evitar a morte e o sufrimento de miles de individuos.
Vestimenta
Hoxe en día é doado atopar pezas de vestir que se fan sen produtos animais (pel, la, seda, plumas...). É fácil comprar multitude de produtos feitos de materiais sintéticos como o acrílico, a poliamida, ou a base de materias primas vexetais como o algodón, o liño, o cáñamo, etc.
Entretemento
Hai multitude de formas de entreternos sen causar dano a outros. Circos, zoos, acuarios, tauromaquia, caza e pesca, etc, son prácticas que utilizan aos animais en contra da súa vontade acabando coa súa liberdade ou a súa vida.
Experimentación
Millóns de animais son utilizados en laboratorios de todo o mundo con fins de investigación científica, militar, médica, cosmética ou no campo da docencia. A actividade científica debe de estar regulada pola ética. Existen alternativas xustas á experimentación animal.

VIVE & DEIXA VIVIR

Ser vegane non equivale a amar aos animais, senón a respectalos, así como a recoñecer que teñen unha serie de dereitos básicos e, de maneira ideal, a aplicar o principio ético de igualdade.

Antiespecismo

O antiespecismo é a teoría e a práctica de loita contra o especismo

A nosa especie, raza, sexo etc., non é o que determina a importancia que merecen os nosos intereses.

Non é a nosa intelixencia a que nos fai querer vivir ou sentir dor, senón a capacidade para sufrir e gozar.

Que é o especismo? 

Unha discriminación moral baseada na diferenza de especie animal