Abillion
Por cada publicación que subas podes doar 1 dólar ao Santuario

Que é Abillionveg?
ABV é unha aplicación colaborativa para móbiles na que es usuaries expresamos a nosa opinión sobre produtos de alimentación, de hixiene, de cosmética ou de vestir ou pratos en restaurantes.
Subimos unha foto e coa nosa opinión poderemos axudar aos miles de persoas que están na aplicación.
Instalación
Podedes descargala e instalala en móbiles con sistema IOS ou Android.
Pasos para comezar a colaborar:
1.Descarga a aplicación no teu smartphone ou tablet
2. Rexístrate co código NAIVONCAKE (empregando este código as túas publicacions sumarán 0'25$ máis para o santuario)
3. Sube os teus posts cunha breve opinión sobre os produtos/pratos que colgas
4. Cada review equivale a 1$, ao acumular 10 reviews podes doar 10$ ao Santuario Vacaloura se nos elixes para a túa doazón
5. Goza achegando o teu graniño de area de maneira gratuita para que poidamos seguir salvando vidas!
Non hai límite de publicacións diarias!
É importante que sexan produtos que compremos e probemos. E por suposto, que sexan veganos. Poderemos subir fotos que teñamos gardadas na galería do móbil.