Temos unha semana para atopar casa a 160 coellas xa sexa en adopción definitiva ou casa de acollida. Esta é a mensaxe desesperada que lanzamos desde a A Asociación Vacaloura Santuario Animal. Como sabedes hai un mes coñecíamos a grave situación na que se atopaban máis de 2.000 animais entre coellos, hamster e xerbos, tras o peche da maior granxa de cría destes animais para venda como mascotas. Naquel momento quedaba comida para tres semanas e pasado ese prazo os sacrificarían. A granxa recibiu unha inspección por parte de Medio Ambiente que deu un primeiro aviso ao propietario ante a lamentable situación na que se atopaban os animais obligando a actuar e garantir unhas condicións de vida adecuadas ou tería que tomar medidas.
Ao enterarnos da situación, decidimos poñernos mans á obra e comezar a traballar para sacar a todos os animais o antes posible. Desde entón o traballo foi titánico e grazas a axuda da veterinaria da granxa que continúa a traballar día a día pese a non cobrar desde hai meses, logramos sacar xa a máis da metade pero quedan moitos aínda por rescatar. Protectoras de distintas partes do país están a colaborar neste macro rescate o que facilita que podamos buscar casas de acollida nos territorios onde se nos está a botar unha man como é Asturias, Madrid e Cataluña. Foron moitos xa os animais que están nos seus novos fogares repartidos por todo o territorio peninsular.
E ainda que logramos o que era case imposible de imaxinar hai apenas unhas semanas a situación é mais grave que nunca Y aunque se ha logrado algo casi imposible de imaginar hace un par de semanas la situación es ahora más grave que nunca xa que temos tan só 7 días para sacar ás 160 coellas que permanecen ainda no granxa e sobre as que hai xa unha orde de sacrificio.
Ante o escaxo prazo que temos vimonos obrigados a dar a máxima difusión ao que está a acontecer e pedimos desesperadamente a colaboración da cidadanía para salvar a vida a estes animais. Todas aquelas personas que queran adoptar ou ser casa de acollida poden poñerse en contacto coa asociación a través do enderezo electrónico: adopcionsvacaloura@gmail.com
Entre todas e todos podemos conseguilo e dar a estos animais a oportunidade de ser felices lonxe de xaulas e do sufrimento ao que estiveron condenados desde o seu nacemento. ¡¡Axúdanos a salvalos!!