FICHA DE INSCRIPCIÓN DO VOLUNTARIADO
Voluntariado residente
Vivirás no santuario, terás os gastos de alimentación cubertos e un día libre á semana.
Voluntariado habitual
Terás que vir un día ao mes como mínimo durante un período de 9 meses mínimo
Voluntariado puntual
Poderás vir botar unha man nunha xornada completa de forma puntual
Grazas polo teu interese en colaborar co Santuario para que así podamos seguir desenvolvendo a nosa labor.
O voluntariado é un pilar moi importante en Vacaloura sen o cal non poderíamos continuar.
En Vacaloura loitamos contra o especismo (discriminación arbitraria que se exerce sobre os animais non humanos polo feito de non pertencer a nosa propia especie e que establece xerarquías que implican unha diferente consideración dentro deles). promovemos o veganismo (estilo de vida que evita o consumo de calquera produto ou espectáculo que implique explotación, abuso, ou morte de calquera animal sentinte) e rescatamos animais provintes de diferentes tipos de explotación e/ou do abandono e devolvémoslles a saúde, a liberdade e a dignidade dentro das nosas posibilidades.
Canta máis xente se sume ao noso proxecto seremos capaces de difundir máis e mellor e de conseguir que os animais vivan nas mellores condicións e en poder rescatar a máis.
Pedimos compromiso y regularidade ante todo.
Agora que nos coñeces un pouco mellor queremos saber máis de ti.