HAI TANTAS COUSAS QUE SE PODEN FACER

Limpeza

Limpeza dos cortellos onde dormen os animais, colocar palla, recoller estérco, etc.

Contrucción

No santuario sempre hai moitas instalacións que mellorar ou por construír.

Coidado de animais

Aínda que non sempre, ás veces hai que encargarse á algún animal que necesita de coidados, dar biberóns a bebés, etc.

Organizar eventos

Os eventos son a mellor forma de dar a coñecer o Santuario, recadar beneficios e concienciar no veganismo.

Redes Sociais

Traducións, redactar contido para as redes sociais, experiencia en márketing para que a nosa filosofía chegue cada vez a máis persoas.

Difundir

Se estás moi ocupado e non podes colaborar doutra forma, compartir as nosas publicacións non che levará nada e así a mensaxe chegará a máis xente!