SANTUARIO DE ANIMAIS

 

 

Universo Vacaloura

Un santuario animal é un lugar onde animais de diferentes especies poden levar a vida que lles corresponde en tanto individuos sentintes e con intereses propios; un lugar libre de especismo, de maltrato e de explotación, onde as súas diferentes necesidades son cubertas.

Nos santuarios, respéctase aos individuos que nel habitan e intenta dárselles a mellor vida posible.

No Santuario Vacaloura, ademais de velar por unha vida digna para os animais que aquí viven, tamén temos como obxectivo difundir o antiespecismo e o veganismo, para acadar unha sociedade máis respectuosa cos animais non humanos.

VACALOURA

Está situado en Santiago de Compostela, naceu no 2013 para acoller animais de todas as especies, sempre e cando se lles poida dar unha vida digna. Actualmente viven no Santuario máis de 100 animais de diferentes especies (coelles, porques, galiñas, galo, pates, equines, ovelles, etc...).

Moitos dos habitantes de Vacaloura deixan atrás historias de maltrato, de explotación e de abandono. En Vacaloura lóitase para que os animais recuperen a saúde, a tranquilidade e poidan vivir en paz.

O Santuario pretende dar a coñecer as historias dos seus habitantes, coas súas horas baixas e as súas alegrías, para que os animais non humanos poidan ser recoñecidos como os individuos únicos que son, cada un coas súas características propias, posuidores de diferentes emocións, con ganas de dar amor e de recibilo, pero, sobre todo, con necesidade de seren respectados. Cremos que difundir o que os animais realmente son axudará a que sexan recoñecidos como suxeitos e, daquela, a que non sexan contemplados como meros recursos.

O Santuario está situado nas aforas da cidade nun entorno rural, tranquilo, no que os habitantes do Santuario gozan dunha vida apacíbel.

O inicio de todo

Inés e Mario son es fundadores de Vacaloura.
Es humanes que viven no Santuario e dedican a súas vidas para rescatar e coidar animais en situacións de malos tratos, explotación ou abandono.

Proxecto de cooperación con santuarios de animais

LOGO-SANTUARIO-ANIMAL (1)

Documental Santuario Animal – Fundación Alma Animal

Non vexas a revolución.

ÚNETE A ELA!

O traballo que realiza o voluntariado é parte fundamental do mantemento e desenvolvemento do santuario.

Os traballos no santuario son igual de satisfactorios que de esgotadores, pero son necesarios para ofrecer unha vida digna aos Vacaloures.